A
vida artificial
A reflexión sobre a natureza da vida artificial e a
definición da humanidade estiveron sempre presentes
tanto na literatura como na filosofía ou no cine. A
relación do artificial coa inmortalidade e do humano
co mortal inicia a reflexión acerca da busca do sentido
da vida. Mitos fundamentales que dan orixen a esta reflexión
son: O golem xudeo un autómata como os replicantes
de Blade Runer, con emocións, sentimentos e experiencias
que se desenrolan ata volvelo incontrolable: un individuo
independente. Frankenstein é tamén unha creación
humana que se volve ingobernable. Ambolos dous son produtos
do orgullo humano: as personas xogando a ser Deuses producen
algo que está máis aló das súas
posibilidades de control. Algo autonomo, vivo.... humano?
A
película
Blade Runner é a adaptación da novela de K.
Dick ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas?
É unha adaptación libre, que sen embargo consegue
transmitir o mesmo efecto que o libro. Rastrear a influencia
dos símbolos relixiosos e a visión que da relixión
se da e mais doado no libro que na pélicula. Nesta
votase a faltar a obsesión das personaxes pola posesión
de animais vivos (prácticamente extintos no futuro
que se describe) e a súa vinculación coa relixión,
que na novela se denomina mercerismo. De feito a relación
que a personaxe principal, Deckart, ten con esa forma de relixiosidade,
explica parte da súa relación cos androides
e, por suposto, coa androide Rachel.
O Deckard de "¿Soñan os androides con ovellas
eléctricas?" necesita a posesión dun animal
real para establecer o seu estatus social, pero tamén
para recoñecerse como humano (organico). O seu crecemento
ao longo da novela fai que se replantexe esa definición
de ser humano e, tralo encontro con Rachel, mata o único
animal que posúe, unha ovella eléctrica, que
comprara coas bonificacións pola captura de androides.
A pélicula fai unha referencia vaga a esa relación
cos animais e tódolos que aparecen son mecánicos.
Aínda así logra comunicar a ambiguidade existente
entre o humano, o mortal e o divino a través da dor
dos replicantes e a paulatina identificación do espectador
cunha forma de vida non orgánica.
http://www.wsu.edu:8080/~brians/science_fiction/bladerunner.html
sobre a novela que deu orixe á pélicula.
dialogos,
escenas, fotos e música da pelicula. Ademais dunha
análise das distintas secuencias.
Inicio
Imaxe da cidade dos Anxeles e do ollo que reflicte a cidade
e o espacio no que se desenvolve a vida humana e artificial.
A través dos ollos, moi importantes en todo o desenrolo
do filme cáptase a diferencia entre o humano e
o artificial.
As fotografías
Os replicantes foron creados con corpo de adultos, non teñen pasado. As fotografías que atesouran son a proba de que son humanos. Os humanos tamén gardamos fotografías de xeito que se convirten nun certificado dos nosos recordos, de que estes non son imaxinarios. A escena das fotografías serve como primeiro paso na identificación do espectador cos androides. A capacidade de empatía cos iguais irá crecendo a partires de aquí. A relixiosidade ten moito que ver coa busca de sentido e esta atópase en ocasións na comunidade cos outros.

Roy:
Tempo, o suficiente. [ pausa ] ¿Conseguiche as
túas preciadas fotos?
Leon: Había alguén alí.
Roy: ¿Homes? ¿Poli .... cías?
Leon: Había alguén alí.
Roy: ¿Homes? ¿Poli .... cías?
[ Roy e Leon camiñan lentamente cara o laboratorio
de Chew ]
Soño co unicornio
Única referencia aos animais reais en toda a pélicula.
O simbolismo do unicornio é múltiple, dende
as referencias á vida organica como vida natural,
ata o simbolismo deste animal no amor cortés.
Os androides visitan ao
seu creador
Nesta escena Roy logra convencer a Sebastian “único home no mundo capaz de axudalos” debido á súa enfermidade (envellecemento prematuro), para que os leve a ver ao inxenieiro responsable da súa fabricación. O enfrontamento entre a criatura e o creador, xira en torno ás limitacións impostas arbitrariamente polo creador. A insuficiencia deste para remediar a situación, provoca a “morte do Deus”, neste caso física, aínda que o paralelismo co ateísmo está implícito.

[
Corte. Mansión de Tyrell. Aparece Tyrell na cama
revisando uns informes.]
Tyrell: 66.000 Prosser e Ankovich. Hmmm ... Contrato. Contrato a ...
Computadora: Entrada. Un tal J.F. Sebastian 1-6-4-1-7.
Tyrell: ¿A estas horas? ¿Qué desexa vostede, Sebastian?
Sebastian: Raíña a álfil 6. Xaque.
Tyrell: Tonterías. Agarde un intre. Raíña a álfil 6. Ridículo. Reina a álfil 6. Hmmm .... Cabalo por raiña. [ pausa ] ¿Qué pasa, Sebastian? ¿En qué está pensando?
Roy: [ Susurrando a Sebastian ] Álfil a rei 7. Xaque.
Sebastian: Álfil a rey 7. Xaque mate.
Tyrell: Iluminouselle o cerebro, ¿eh? O leite e os doces manteñeno esperto, ¿eh? Imos discutilo. Será mellor que suba, Sebastian.
[ascensor con Roy Batty subindo cara o máis alto do edificio para atopar se co seu creador]
Sebastian: ¿Sr. Tyrell? Trouxen un amigo.
Tyrell: Sorprendeme que non teñas vido antes.
Roy: Non é doado coñecer ao teu creador.
Tyrell: ¿E qué pode facer el por ti?
Roy: ¿Pode o creador reparar o que fixo?
Tyrell: ¿Gostariache ser modificado?
Roy: ¿E quedarme aquí? [ pausa ] Pensaba nalgo máis radical.
Tyrell: ¿Qué? ... ¿Qué che preocupa?
Roy: A morte.
Tyrell: ¿A morte? Temo que iso está fora da miña xurisdicción, ti ...
Roy: Eu quero vivir máis, pai.
Tyrell: A vida é así. Facer unha alteración no desenrolo dun sistema orgánico de vida é fatal. Un programa codificado non pode ser revisado unha vez establecido.
Roy: ¿Por qué non?
Tyrell: Porque ao segundo día de incubación, calquera célula que se someteu a mutacións de reversión acada unhas pautas de retroceso, como as ratas que abandonan o barco, que vai fundir, e despois o barco afunde.
Roy: ¿Qué hai da recombinación EMS?
Tyrell: Xa o tentamos. O Etil Metano Sulfato é un axente alcalino e un poderoso mutante. Creaba un virus, tan letal que o individuo morría antes de que acabara a operación.
Roy: Entón unha proteína represora que bloquee as células operantes ....
Tyrell: Non impediría a duplicación, pero levaría a un erro na réplica que fai que o ADN recén formado leve consigo unha mutación. E así chegamos de novo ao virus, pero isto só é teoría. Ti fuches formado o máis perfectamente que era posible.
Roy: Pero non para durar.
Tyrell: A luz que brila co doble de intensidade dura a metade de tempo. E ti brilaches con moitísima intensidade, Roy. Mírate. Eres o fillo pródigo. Eres todo un premio.
Roy: Fixen cousas malas.
Tyrell: E tamén cousas extraordinarias. Goza do teu tempo.
Roy: Non farei nada polo que o deus da biomecánica me impida a entrada no seu ceo.
[ Roy bica a Tyrell na boca. Colle a súa su cabeza entre as mans, aplasta o cráneo e afundelle os polgares nos ollos.]

Escena final
A escena máis reveladora de toda a película. O proceso de identificación co humano artificial remata. A morte é o elemento unificador. A pregunta polo sentido é a mesma para homes e máquinas intelixentes. A intelixencia superior do androide tamén o fai superior en moralidade (salva a vida do seu perseguidor nun acto de empatía) disociando así a moralidade da busca do sentido (relixiosidade)

[ Despois que Deckard mata a Pris na loita con Roy
este rompe unha parede coa súa cabeza. Na outra
habitación atopase Deckard ]
Roy: Será mellor que fuxas ou vou ter que matarte.
A menos que estéas vivo non podes xogar, e se non
xogas ....
[ Roy tuse esgotado. Deckard colle unha barra de metal
]
Roy: Seis, sete. ¡Ir ao inferno, ir ao ceo!
[ Deckard golpea a Roy coa barra ]
Roy: ¡Ir ao inferno! ¡Ben, así me gusta!
[ Deckard trepa pola fachada do edificio. Roy aúlla
]
Roy: Isto doe. Foi algo irracional. Sen mencionar o comportamento
antideportivo. [ Roy rí ao ver que Deckard trepa
ata a azotea ] ¿Ónde vas?
[ Deckard chega á azotea e tenta saltar ao outro
edificio, pero non é que e queda colgado dunha
viga co baleiro aos seus pes. Roy colle unha pomba branca
e observa o sufrimento de Deckard]
Roy: É toda unha experiencia vivir con medo, ¿verdade?
Iso é o que significa ser esclavo.
[ Deckard cae, pero Roy consegue suxeitalo no último
momento. Levantao e deixao sobre a azotea]
Roy: Eu vin cousas que vos non creeriades. Atacar naves
ardendo máis aló de Orión. Vin Raios-C
brilar na escuridade cerca da Porta de Tannhäuser.
Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas
na choiva. É hora de morrer.
[ Roy morre. A pomba branca sae voando cara o ceo ]
Deckard (voice-over): Non séi por qué me
salvou a vida. Quizáis neses derradeiros intres
amaba a vida máis do que a tiña amado nunca.
Non só a súa vida; a vida de todos, a miña
vida. Todo o que él quería eran as mesmas
respostas que todos buscamos: de ónde veño,
ónde vou, cánto tempo me queda. Todo o que
eu podía facer era sentarme alí e velo morrer.
Ao longo da película atopamos moitas escenas relacionadas
cos ollos e a mirada. O ollo co que comeza a película
(na versión non comercial) é o espello do
mundo e garda moita similitude co Ollo de Deus símbolo
relixioso, que tamén da título a outra novela
sobre a morte de P. K. DicK. O ollo é tamén
o que permite diferenciar ao humanos dos que non o son
e son o principal obxecto de deseño para os androides
que se pode ver no filme: os deseños de Chew, Pris
e Roy xogando cos ollos de broma na casa de Sebastian.
Tamén son o principal xeito de matar dos replicantes:
León tenta matar a Deckard quitandolle os ollos
e Roy mata a Tyrel do mesmo xeito, como se con esta acción
quixeran despoxalos da súa humanidade. A propia
reflexión de Roy ao final da película “Eu
teño visto cousas que non creeriades” alude
á vinculación entre mirada e experiencia
vital.
Ao inicio da película e despois da imaxe do ollo
vense exploxións de lume na cidade , dende este
momento o lume estará presente ao longo da película
tanto como símbolo de morte e destrucción
como de beleza e vida. Varios replicantes morren queimados
na súa fuxida á Terra. A luz que se reflicte
nos ollos dos replicantes á medida que avanza a
película e que esmorece no momento da morte, simboliza
o lume interno da vida. O propio Tyrell ao falar con Roy
usa a métafora para xustificar a mortalidade: A
luz que brila co doble de intensidade dura a metade de
tempo.
A caracterización
das personaxes tamén manifesta un claro simbolísmo.
A cor loira dos cabelos dos androides manifesta a súa
relación cos deuses (Na mitoloxía nordica
as persoas loiras eran consideradas fillos de deuses).
Rachel, en embargo ten o cabelo castaño e a súa
evolución ao longo do filme vaina convertendo en
humana, ao mesmo tempo que cambia o seu aspecto exterior
(abandona o peiteado e a maquillaxe sofisticada).
O Unicornio
é unha figura que atravesa todo o filme veces na
montaxe do director: nunha ocasión sae no sono
de Deckard, noutra o policia Gaff fai un de papel e ao
final Rachel atopao no apartamento de Deckard e dálle
co pe ao ir para o ascensor. O simbolismo desta figura
é moi controvertido pero debése ter en conta
na súa interpretación que é un animal
mitolóxico que non podía, segundo a lenda,
manterse en cautividade porque morría. Simboliza
así a liberdade que buscan replicantes e humanos.
A aparición deste animal no sono de Deckard fai
pensar que el tamén é un replicante que
non sabe que o é, ao igual que Rachel. Cando Gaff
fai o unicornio semella afirmar esta hipótese,
pero tamén pode entenderse que lle ofrece a Deckard
a liberdade para Rachel.
Toda
a película se centra no medo á morte, un
medo moi humano baseado na conciencia da infinitude. O
enfrontamento entre máquina e home (creatura e
creador) non é só en Blade Runner o plantexamento
da máquina que non pode controlar o home, senón
que plantexa unha alegoría relixiosa mostrandonos
ao creador como o único obstáculo para conseguir
a inmortalidade. Este enfrontamento entre Deus e home
se representa, en forma simbólica, no enfrontamento
entre Tyrel e o androide Roy. Tras a morte da deidade,
cando o androide baixa no ascensor vese o ceo estrelado
sobre a súa cabeza, que simboliza a infinitude
do universo en comparación coa finitude da vida
humana. A morte de Deus libera ao home para enfrontarse
á realidade da súa morte.
Na escena
final Roy colle unha pomba branca que, cando morre, marcha
voando entre os edificios cara o ceo aberto, simbolizando
a alma que fuxe do corpo, nun claro anhelo de inmortalidade.
As referencias simbólicas da pomba dentro do mundo
da relixiosidade son múltiples: no cristianismo
simboliza ao Espíritu Santo (a racionalide, a intelixencia
e a fe) e uniersalmente é o símbolo da Paz